-
Aplomo
-
As Marías
-
Baruta
-
Bendito Nopal
-
Big Street
-
Borneira
-
Casino de Vigo
-
Costera MC
-
El Italiano Feo
-
Enxebre
-
Hotel Ciudad de Vigo
-
La Artesata
-
La Central
-
La Contenta
-
La Entreplanta del 13
-
La Pintxoteca
-
La Quesería
-
La Revoltosa
-
La Tapadera
-
La Trastienda del 4
-
Leria
-
Lume de Carozo
-
Marabu
-
Mesón El Águila
-
Restaurante Nero
-
NH Collection
-
Nikko Espacio Gastronómico
-
Niño Corvo
-
No Mames Way
-
O Croque Cociña
-
O Lar das Artes
-
Pintxoteca Mar
-
Reca Rosalía
-
Sukha Funk
-
Trepia Gastronomía
-
VerdeMar
-
Xuntos Bocatería
Vigo, 7 de novembro de 2023.- A novena edición do Petisquiño, o concurso de tapas de Vigo, xa está lista para poñer a proba a orixinalidade e calidade das tapas nesta cidade e escoller a que será a mellor deste 2023. No certame participarán 37 establecementos, principalmente, do centro e casco vello pero tamén doutras zonas. Vigueses e turistas poderán votar pola súa tapa favorita entre o 10 e o 26 de novembro, no horario establecido por cada local participante.
Aquí puedes consultar la relación de participantes
Organizada pola Federación Provincial de Hostelería de Pontevedra e patrocinada polo Concello de Vigo, esta mañá desveláronse todos os detalles desta nova edición nunha rolda de prensa na que estiveron presentes o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o presidente da Federación, César Sánchez-Ballesteros, e a coordinadora do Petisquiño e voceira de Hostelería de Vigo, Celia Cabrera.
Caballero asegurou esta mañá que “é mais que un concurso, é unha mostra do que é a hostalaría de Vigo, da súa gran atracción a unha das grandes cidades turísticas de España, que compite xa con destinos como Canarias, Baleares ou a Costa Brava” enumerou. O alcalde aproveitou a presentación para agradecer ao sector “o que facedes (co Petisquiño) é darlle calidade á oferta de Vigo” e, sobre a mecánica do concurso, matizou que “a cultura de tomar tapas é un xeito de xerar satisfacción, é unha función social de altísima calidade” e, tomando como referencia as citas anteriores do concurso, engadiu que o Petisquiño está chamado a “converterse nun dos grandes eventos da cidade”.
Ballesteros lembrou que un ano máis se poderán votar as tapas a través da aplicación de Hostelería de Pontevedra, onde haberá unha ficha de cada unha incluíndo os seus valores nutricionais e alérxenos. Tamén aproveitou a presentación para agradecer o compromiso do Concello coa cita gastronómica, así como o do resto dos colaboradores.
Os 37 locais participantes ofrecerán as súa tapa a un prezo de entre 2,5 e 5 euros nun determinado horario. O público xeral e un xurado profesional que visitará os locais de incógnito votarán a súa proposta favorita durante os dezasete días que dura o certame. Do reconto desas valoracións sairán dez finalistas. Estes deberán elaborar a súa proposta gastronómica nunha gala que se celebrará o 29 de novembro. Será neste evento no que un xurado profesional deberá decidir cal é a mellor tapa de 2023. Ademais de valorar a calidade da proposta tamén terán en conta o emprego de produtos de proximidade e tempada. A organización espera, segundo anunciou esta mañá César Ballesteros, transmitir esta final por streaming: “A idea é facelo así porque é como se está a facer neste tipo de eventos. Hai que lembrar que as tapas son tamén un exercicio de deseño e cada unha ten unha historia detrás, polo que o ideal sería facelo con este nivel de profesionalidade”.
Celia Cabrera, coordinadora do certame, matizou que a final xa tivo moi boa acollida o ano pasado e a idea é lograr que cada ano “teña máis empaque”. Tamén lembrou outros premios que se concederán nesta mesma final como o de “a mellor tapa que maride cun cóctel, co que queremos tamén por en valor o traballo do persoal de sala”.
O resto dos galardóns son: mención honorífica para as catro tapas finalistas, premio á tapa máis popular, á que mellor maride co viño Ponte de Boga, á mellor elaborada con produtos do mar e á mellor elaborada con produtos cárnicos.
O local gañador absoluto, ademais, competirá no Campeonato Nacional de Tapa e Pincho organizado por Hostelería de España e representará a Vigo no campionato autonómico organizado pola Xunta de Galicia.
O Petistiquiño está organizado pola Federación Provincial de Empresarios de Turismo y Hostelería de Pontevedra, co patrocinio do Concello de Vigo e conta coa colaboración de Estrella Galicia, Coca-cola, Ponte de Boga e a Convention Bureau.
Toda la información del concurso la puedes encontrar en la web oficial http://www.xn--petisquio-s6a.com/ o en la Aplicación Hosteleria de Pontevedra